Reflexións sobre a vida a catro bandas

jueves, marzo 23, 2006

Frigorifico novo


O lucho, que é medio parvo, cando está deprimido, estresado, agobiado... adícase a relaxarse facendo limpeza xeral da casa.

Este domingo pola tarde ergueuse da sesta aburridiño e non tivo millor idea que porse a limpar o conxelador (facíalle falla que estaba o probe ben porco) coa mala sorte de que nunha desas deulle demasiado forte a acabouno escarallando.

O resultado: ter que mercar un novo urxentemente para que non se escarallara toda a comida e por suposto para que a dona do piso non se nos enfadara moito (que conste que é moi, moi riquiña).

Hai o tedes: a que é preciosísimo e so tivo que tirar 200 euros ao lixo (xa sabedes: sobránlle os cartos...).

martes, marzo 14, 2006

O increible bestilleiro


O neno xa ten coche novo...
Polo corredor a toda mecha,
co seu casete da orquestra Finisterre...

martes, febrero 28, 2006




¡¡¡¡a mi no me come el conejo ni dios!!!!

domingo, febrero 05, 2006

BARBIE E KEN, POSTURA 2



E mentres, a vida segue o seu curso...

viernes, febrero 03, 2006

NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA

jueves, febrero 02, 2006

o pasado oscuro de lublú


como cada persoa ten un pasado, os lunis non levan toda a vida sendo lunis. aiquí temos o exemplo do compañeiro lublú, que nun pasado era este rapaciño tan curriño!!!

POR 5 MISEROS EUROS!!!!


Non seriades vós, que xa nos coñecemos!

Nin tan sequera chegho aos 6 míseros €.

Pero o que máis mal me parece é o das 0 poxas...

Lupita

martes, enero 31, 2006

OS OUTROS INQUILINOS


Como ven recorda (m)alicia nun dos seus comments, nesta casa non só (co)habitan Lucho, Luglú, Lulila e Lupita, senón tamén estes dous. Chegaron un bo día de primaveira, máis ou menos á par ca Lupita, instaláronse na mesa do corredor e, con aquilo da alteración da sangue...

Así están todo o día, o verdadeiramente misterioso é cando cambian de posición. Nunca ninguén viu o tal momento e sen embargo poderedes comprobar que o camasutra para eles é unha guía para principiantes.

domingo, enero 29, 2006

de lulila con cariño pa vos


pois posto que esta paxina é coma unha segunda casa de esta lunifamilia, queria dedicar unhas palabras a eses tres lunis que comparten o seu tempo conmigo. querovos dar as gracias por todo, por acollerme tan ben na casa, por acoller tan bén as luniprimas e sobre todo por preocuparse por min, por estar tanto no bo, coma no malo. sodes xente de puta madre!
alegrome moito de habervos coñecido. e sen máis despidome subindo está foto de onte

OS MOMENTOS MÁIS GLORIOSOS DA NOITE

Non imos dicir quen foi quen, por aquilo de preservar a dignidade de propios e alleos (e evitar que deixen de asistir ao próximo botellón):

- Lunila, calcetínnnnnnnnnnn! (berro herdado do botellón anterior, sen dúbida ha ser un leimotiv das cheas desta casa, case case coma a BSO con Numa, Numa Iei; El ritmo de la noche; Que me coma el tigre e Cuando zarpa el amor).

- Hostia, cheghei e atopei a cama chea de tías! O meu sonho de toda a vida!

- Luglu, facíache palmas?

- Santiado é diferente da Coruña, claro que si, está cheo de tías.

- Xurovos que eu aquí ao primeiro ata que me entrou medo, os tíos andan salidísimos.

- Aiiiiiiiii, tengo que ir a pintarme la raya.

- Dios mío, es tardísimo! Los hombres se van a marchar, vámonos!!!

VICIOS 4: LUCHO E LUGLÚ


E non vistes o sorteo previo de posicións!

VICIOS 3: LUGLÚ


E aínda está por demostrar que o ghato non fumase!

VICIOS 2: LUPITA E LUNILA


E cando xa non hai botella á que amorrase...!

VICIOS 1: LUPITA


Lupita e o Licor K! E iso que desta volta se rematara o da Repichoca!

BOTELLÓN!!!!


Remataron os exames, ata dentro de tres semanas a familia Lunni non se volverá atopar ao completo, así que a da finde foi ghorda.

Por aquí ficaremos a parte currante da family! Que ben vivides os estudiantes, carallo!

viernes, enero 27, 2006

vicio vicio


a veces unha imaxe vale máis que mil palabras. mostra delo é esta foto que, pese a non rebelar a nosa identidade, rebela a nosas debilidades!!!

teoria da hora de chegada

hay que romper unha lanza en favor de lulila. a teoría é a seguinte:
se lulila fose sempre puntual non sairía tarde da casa. saíu 15 minutos , polo que debe voltar 1hora e media máis tarde. se a hora do almorzo de lucho e lupita é as 8, a hora de chegada pasaría a ser as 9:30. se temos en conta que ese día tivera un exame que lle saíra moi ben e tiña que celebralo, damoslle outra horiña a lulila. a hora pasaria a ser as 11. a esas horas xa apetece almorzar algo, o alcohol baixou e a fame aumenta. damoslle a lulila unha horiña pa almorzar en condicions e descansar. a hora pasaria a ser as 12.se temos en conta que ata dentro de tres semanas lulila non vai volver sair aiquí, deixamola ata a 1:30. a media hora que sobra, po camiño!!! asique se o mirades ben, lulila non chegou tan tarde, ou non???

jueves, enero 26, 2006

CRICA

Lupita: trouxeches un croasán moi ghrande, eu non o dou comido todo. Comes ti o resto ou que lle fago?

Lucho: eu xa o comín o meu.

Lupita: que lle fago logho?

Lucho: eu que sei! mételo na crica!

Lupita: eu non teño diso que son unha muller decente.

FACENDO PALMAS

Lulila: van vir as miñas primas á casa e presentóvolas.

Luglú: que ven, tías, hai que coñecelas e coñecelas BEN!

Lupita: alá vai o machopirolo!

Luglú: que dirás ti? que se fosen tíos habías facer palmas coa cona!

AS CATRO BANDAS


Aquí estamos, as catro patas dun banco, ou os catro que compartimos convivencias e conivencias neste cortello:

- Lublú: porque será que soa tan parecido a gluglú...

- Lucho: abuelo!!!!! e o seu pixama de osos amorosos.

- Lulila: a peque da casa e... a ver se hoxe cheghamos antes das 8 que non damos feito bo de ti.

- Lupita: abuela!!!!! de vez en cando entre choio e choio asoma as trenzas pola porta.